Será coa proxección de O Corno e Emoción, Vida e Teatro. A nave das Marías
O sábado 14, ás 20 horas, será o momento do filme de Jaione Camborda, O Corno, recoñecida en 2023 co premio da “Concha de Oro” do Festival Internacional de Cine de San Sebastián á mellor película e o premio Goya á mellor actriz revelación con Janet Novás.
E para pór fin, o domingo 15, ás 17 horas proxectarase o documental Emoción, Vida e Teatro. A nave das Marías. Producido pola ONG Ecos do Sur e dirixido por Saamira Ganay e Cris Andina. Esta peza é foi unha peza teatral creada no marco da ONG para darlle ás mulleres migrantes, nunha meirande parte latinoamericanas, un espazo de participación e visibilidade para promover procesos de sensibilización social no ámbito da igualdade de xénero.
O lugar de proxección será o Salón de Actos Municipal dos Chaos da Fonsagrada.
Dende Aborderlar queremos agradecer por adiantado a boa recepción da veciñanza e ás institucións que participaron no programa por facelo posíbel na Fonsagrada.