A Mariña, 4 de decembro, 2024. “A Terra do Eo-Navia. A galeguidade en Asturias, do profesor e escritor Manuel Miragaia, trátase do primeiro libro que se escribe e que ofrece unha información integral -en todos os seus aspectos- sobre a Comarca asturiana do Eo-Navia, veciña á da Mariña, e de cada un dos 18 concellos que a forman.
Con este libro mellorar quérese mellorar o coñecemento desta querida, fermosa e secular terra asturiana do Eo-Navia, un territorio que conta cunha riquísima cultura, variadas tradicións e un considerábel patrimonio material e inmaterial, sendo deste último para destacar especialmente a súa fala ou variante lingüística comarcal da grande lingua galego-portuguesa, e que é merecedora da máxima protección e desenvolvemento.
Para a elaboración deste libro contouse cunha ampla bibliografía, con informacións obtidas de moitas outras fontes e coas experiencias vividas nas viaxes e estadías realizadas ao longo dos anos.
Neste conxunto reúnense informacións e datos xeográficos, históricos, lingüísticos, culturais, patrimoniais, etnográficos, socioeconómicos, gastronómicos e dos seus grandes homes e mulleres, que poden contribuír a que os eonaviegos coñezan mellor e valoren máis a súa Terra mesopotámica e a que os mariñaos e o resto dos galegos viaxen e se relacionanen máis con ela.
O libro está ilustrado en todos os seus apartados con numerosas fotografías de toda a Comarca do Eo-Navia.
Xa tivo presentacións na cidade de Lugo, na da Coruña, na de Ferrol e na de Santiago de Compostela. Realizaranse proximamente presentacións noutras localidades galegas e eonaviegas.
As librarías mariñás que o teñen son:
-Ribadeo: Libraría Bahía e Multitiendas Martínez
-Foz: Libraría Bahía
-A Pontenova: Libraría Papeleo
-A Fonsagrada: Libraría Bermúdez
As librarías eonaviegas que contan con el son:
-A Veiga (Vegadeo): Librería San Pedro e Librería Patefa
-Navia: Librería Don Quijote
-Tapia de Casariego: Librería Manuel López
-Castropol: A Tienda de Antonia
-A Caridá-El Franco: Librería Alfonso Rodríguez
-Taramundi: Artesanía Mina e El Telar de Susana
-Santiso de Abres: Bar-Tienda Casa Miranda”