Site icon Crónica3.com A Mariña

Cariño continúa esta semana coas actividades da súa programación especial municipal para celebrar o Nadal

Nesta ocasión, o vindeiro domingo, 15 de decembro, celebraranse dúas sesións de cinema, ambas as na Casa da Cultura e con entrada libre. A primeira delas será ás 17:30 horas e está destinada ao público infantil e familiar, coa proxección da película ‘O Nadal nas súas mans’, cunha duración de 1 hora e 35 minutos. Posteriormente, ás 19:00 horas, terá lugar a sesión para o público adulto, na que se proxectará a película ‘+Cuñados’, unha comedia de 1 hora e 30 minutos de duración protagonizada polo trío galego formado por Xosé A. Touriñán, Miguel de Lira e Federico Pérez.

Exit mobile version