Os independentes propoñen a creación dun goberno de concentración coa presencia de todas as forzas políticas do Concello, para entre todos sacar Viveiro adiante
Bernardo Fraga, portavoz da formación local, explicou que tomaron esta decisión por unanimidade, ante incumprimento total do acordo de investidura asinado co Partido Socialista. En setembro deste ano pedímoslle ao PSOE un plan de inversións e de políticas a realizar nos vindeiros meses, para manter o apoio a este goberno, e recibimos o silencio por resposta.
“A situación actual de Viveiro, é moi delicada e require dun punto de inflexión. As infraestructuras por estrada ou tren, non están nas prioridades dos grandes partidos, tanto dende a Xunta como dende o Estado, tal e como reflexan os orzamentos das distintas administracións para o ano 2025, onde o realmente importante para Viveiro non figura”.
“Se a iso lle sumamos a falta de peso político, a ausencia de políticas en materia de creación de emprego, a falta en Viveiro dun PXOM que ordene o Concello e nos permita medrar e mellorar o noso entorno, a débeda limitante que só permite a realización de conservación e mantemento e ten lastrada a capacidade inversora, provocan que en Viveiro, as veciñas e veciños, teñamos a certeza de que nos estamos quedando atrais, e que case todos os concellos do entorno nos adiantan”.
“A ausencia de liderazgo, cun PSOE sen iniciativa política e sen ideas, un BNG preocupado máis pola súa propia imaxe que polo bo funcionamento do goberno, e un PP coa política de “canto peor mellor” e a súa portavoz utilizando o seu cargo público para minar a acción do goberno municipal, evidencian a parálise do noso Concello”.
Por iso, Por Viveiro, pide aos representantes en Viveiro das grandes forzas, PP, PSOE e BNG, que deixen de lado os intereses partidistas, e demostren que poñen Viveiro por diante, aceptando públicamente a nosa proposta de creación dun goberno de concentración, liderado por un Alcalde ou Alcaldesa de consenso e que traballe en conxunto polo presente e futuro de Viveiro.