Todos os logros deportivos e sociais como títulos, referencia como Club en materia de igualdade e de profesionalidade conseguidos pola entidade nunca serían posibles sen a presenza de PESCADOS RUBÉN e o seu apoio incondicional todos estes anos, non hai palabras suficientes para mostrar o noso agradecemento á empresa, a aposta polo club e o seu alcance serán valorados por todos co paso do tempo, a directiva do Club xa o fai agora e o seu agradecemento acompañarános para sempre.
Que dúbida cabe que o club entra nunha nova etapa na cal a directiva se envorcará na procura dun patrocinador principal que aposte polos valores do deporte e da igualdade en todos os ámbitos e cuxa axuda permita á entidade seguir medrando e sendo un referente en España e Europa destes valores, representando e poñendo en lugar preferente a España, Galicia, á provincia de Lugo, A Mariña e Burela, contando de antemán co esforzo renovado e decidido que esperamos da administración autonómica representada pola Xunta de Galicia, a provincial pola Deputación de Lugo e o Concello de Burela, que non dubidamos continuarán co seu apoio aos valores que o Club representa e defende.