A Mariña, 2 de decembro e 2024. Periodistas especializados e cociñeir@s de renome participan nas Conversas arredor da gastronomía na Mariña Amodo, que organizou a Mancomunidade entre os días 1 e 3 de decembro.
Hoxe desenvolvénse ponencias e unha mesa redonde no auditorio da fábrica de Sargadelos, en Cervo. A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, subliñou que “hoxe é un día importante para a comarca da Mariña. Presentamos neste Complexo que é o de Sargadelos, estas xornadas gastronómicas moi ben nomeadas, moi ben referenciadas, con ese nome Amodo que indica moi ben como é ese tipo de turismo que desenrolamos aquí na Mariña”.
López dixo que “esta é unha comarca formada por 16 concellos, uns de costa e outros de interior, nos que xerminan produtos tan importantes e tan recoñecidos como poden ser: o bonito de Burela, a merluza do pincho de Celeiro, a faba de Lobrenzá ou tamén produtos de repostería como a tarta de Mondoñedo así como outros moitos, alguns deles que están xa recoñecidos co selo de garantía. Entón o que pretendemos con estas xornadas e con estas conversas é poñer en valor todos esses productos que forman parte da nossa identidade e que cada vez está máis de moda ese turismo gastronómico. Eu creo que aquí na nossa comarca temos moita calidad nos produtos de proximidade”.
A presidenta da Mancomunidade lembrou que “estas conversas puxeronse en marcha dentro do Plan Director de Turismo Gastronómico que se presentou recentemente o pasado mes de xuño e do que xurdiu tamén ese Colectivo de Gastronomía da Mariña e supón un pasiño máis para avanzar cara ese turismo gastronómico no que a Mariña ten que estar presente, porque como moi ben dixen antes contamos con todos eses produtos de gran calidade”.
Rocío López declarou: “estamos moi orgullosos e moi contentos de reunir a todos estes profesionais e ponentes do sector da gastronomía, que viñeron participar nestas xornadas neste lugar incomparable como é este Complexo de Sargadelos, que tan ben reflicte cal é ese património co que contamos aquí na comarca da Mariña e vamos pasiño a pasiño camiñando de cara a ese turismo polo que estamos traballando aquí na nosa comarca nos últimos anos, que é ese turismo sostible, co que queremos que o visitante veña disfrutar con tranquilidade, veña para poder disfrutar cada experiencia e creo que o estamos conseguindo”.
A presidenta da Mancomunidade tivo palabras de agradecemento para a colaboración de todas as administracións: Xunta de Galicia, Deputación Provincial de Lugo, e Secretaría de Estado de Turismo do Goberno do Estado.
Amodo trasladarase a última hora da tarde a Mondoñedo, onde será entregado o Premio Merlín 2024, na Casa Museo Álvaro Cunqueiro a partir das 20:30 horas.