O músico coruñés participou na presentación da actuación hoxe na Delegación Territorial xunto co delegado, Javier Arias, e o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro
O músico coruñés estivo hoxe na Delegación Territorial do Goberno galego para presentar o concerto xunto co delegado territorial, Javier Arias, e o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro. A actuación comezará ás 22,30 horas.
O grupo levará á Mariña o espectáculo The great songs of Dire Straits, no que renden homenaxe á mítica banda británica intepretando os seus grandes éxitos.
A banda recalará en Xove no medio dunha xira na que teñen anunciados para o vindeiro ano grandes concertos con entradas xa á venda en cidades como Pamplona, Lisboa, Vigo, Ourense, A Coruña, Madrid, Barcelona ou Bilbao.
Con máis de 300 concertos ás súas costas por cidades de toda España e a nivel internacional en Alemania, Luxemburgo, Francia ou Portugal, Rosende gañou unha reputación irrefutable como un dos máis valorados intérpretes da obra de Dire Straits.