Ribadeo, 4 de Decembro de 2024. Un grupo de veciñ@s da vivendas sociais están recollendo sinaturas de apoio ao escrito que abaixo se reproduce. O motivo de inquedanza, din, está plenamente xustificado. En poucos días estará rematada recollida e serán presentadas no rexistro do Concello de Ribadeo
Sr. Alcalde de Ribadeo:
Os abaixo asinantes, veciñas e veciños residentes nas vivendas sociais da Rua Clemente Martínez Pasarón e colindantes desexamos comunicarlle a nosa inquedanza polos rumores dunha posible reforma urbanística do espazo próximo aos nosos domicilios que suporía a tala das árbores alí existentes, a eliminación do espazo verde e a supresión dos verquedoiros de lixo subterráneos que prestan un inestimable servizo, sen cheiros nen outro tipo de incomodidades.
Dado que descoñecemos o que teñen de certo ditos rumores solicitamos se nos facilite información oficial que confirme ou desminta a existencia do devandito proxecto.
Asemade debemos trasmitirlle as queixas de numerosos veciños e veciñas polo temor de que dito proxecto poda facerse realidade e que se teña en conta esta opinión e se deixe en suspenso en caso de existir.