O grupo Socialista de Xove, entende que é o pleno máis importante do ano, “xa que o orzamento é o proxecto político no que ten que reflectir como se van gastar os cartos dos nosos impostos”
“O grupo de Goberno presenta as contas previstas, e vemos que é un copia pega do 2024, é dicir que non hai nada novo, nada se fala ou nada se plantea para desenvolver os proxectos que Xove necesita”.
“É un presuposto de dubidoso cumprimento, en mataria de ingresos pola situación de Alcoa ao ter a actividade da Planta de Aluminio practicamente parada o que vai facer moi difícil que se cumpra ese estado de ingresos, o que suporá tirar do remanente”.
“En canto o estado de gastos vemos dúas partidas de gasto fixo que se levan o 84% do presuposto”.
Gastos de persoal 3.644.500€ un 46,76%. Gastos correntes en bens e servizo 3.287.650€ un 42,18%, o que dá un 88,94% do total.
“Vemos tamén unha partida para inversións Reais de 327.000€ un 4,20% que nos prace cando menos ridícula para un presuposto de 8.157.000€”.
“Isto dá unha idea de como se goberna en Xove malia ter un orzamento importante nun Concello de 3.300 habitantes e en descenso. Xa non dispón de cartos para afrontar inversións que son importantes para o seu desenrolo futuro”.
“É dicir para nada se pode falar das grandes necesidades que ten Xove e que o grupo Socialista considera de primeira necesidade.
1. Mellora da calidade da auga e garantir o subministro en épocas de seca.
2. Centro de día para os nosos maiores, Xove non pode telos nunha marquesiña ou nun local que non reúne as mínimas condicións.
3. Escola infantil de 0-3 anos. Dotar a Xove dunha escola infantil acorde ao século XXI, e que fundamentalmente permita a conciliación laboral e familiar das novas parellas.
4. Saneamento en todas as parroquias do concello. Actualmente só o teñen o casco urbano da capitalidade e unha pequena parte da Rigueira. É moi necesario poñer en marcha un plan para dotar a todo o concello dunha rede de saneamentos e tratamento dos residuos, e en especial na zona costeira para preservar e poñer en valor a calidade das augas e as praias.
“Pero o goberno de D. Demetrio esta a outra cousa, manterse no poder a base de pequenos favoriños sen importarlle para nada o futuro de Xove, hai un indicador claro de esta nula xestión, en 17 anos que leva de alcalde a poboación vai a menos, e estamos falando do que nos 80 se denominaba el pequeno Kuwait del norte”.
Estes orzamentos foron aprobados con 7 votos a favor do P.P. 3 abstencións do BNG e 1 PSdG-PSOE .
“Nos abstivemos por entender que o Goberno non quere debater nin explicar o seu proxecto baleiro de contido, convertendo o pleno nun acto rutineiro que un ano máis nada aporta por mellorar Xove”