Xove, 8 de decembro, 2024. Trala publicación das inversións previstas pola Deputación nas estradas de Xove, os socialistas lembran que levan 20 anos abandonadas e nun estado lamentable, mais “por fin e gracias as xestións do partido Socialista de Xove empezamos a ver resultados”. Para o ano 2025 o Goberno de Tomé, presidente Socialista da Deputación, ten previsto investir na LUP 2601 de Xove a Portiño de Moras (cruce Villalpol a Moras) 119.250€, e na LUP 2604 de Xove a Penas Agudas 214.000. Cun total no Concello de 333.250 euros.
É unha das primeiras actuacións dende hai tempo, e “estamos traballando para no que resta de lexislatura poder implantar un plan de actuación completo nas estradas de Xove, xa que somos conscientes do mal estado no que se atopan”.
“É un compromiso do partido Socialista de Xove cos veciños/as de que teñan unas estradas do século XXI”.