Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas de Mondoñedo emprazan ao PP a utilizar o vehículo de Protección Civil exclusivamente para emerxencias, e tamén demandan á Xunta que habilite unha nova parada de autobús para que os estudiantes poidan asistir aos centros da comarca

Na última sesión plenaria, o PSdeG de Mondoñedo defendeu varios rogos cos que reclama ademais a limpeza do camiño de Monfadal, e que se adecente os camiños de Fondoso que dan acceso ás fincas

Mondoñedo, 12 de decembro de 2024. Os Socialistas de Mondoñedo emprazan ao PP de Mondoñedo a utilizar o vehículo de protección civil exclusivamente para emerxencias. Na pasada sesión plenaria, o PSdeG de Mondoñedo, defendeu varios rogos nos que se inclúe unha petición ao concelleiro do PP responsable de Protección Civil. Concretamente “que o Concelleiro responsable de Protección Civil utilice o vehículo público, pagado cos impostos de tódolos mindonienses, exclusivamente para atender as emerxencias do Concello. Xa que temos moitas queixas da veciñanza, como tamén comprobamos nós, que este vehículo público está operativo pola noite en diferentes establecementos locais”.

Hai que lembrar que o PSdeG de Mondoñedo xa denunciou, o pasado mes de marzo, dúas multas deste vehículo, pagando con fondos públicos municipais. A primeira multa foi por exceso de velocidade o pasado 5 de decembro de 2023 ás 11:06 da mañá, e segundo sinalaron desde o goberno municipal “este vehículo dirixíase a Santiago a unha reunión coa Consellería de Medio Rural”, cando circulada a 73km/h, nun tramo limitado a 50km/h. A segunda multa é do pasado 22 de outubro de 2023 ás 20:38 horas, na estrada LU-160, punto quilométrico 1, dirección Ferreira, cando este coche era conducido polo Concelleiro de Obras do Concello de Mondoñedo e deu positivo nun control de preventivo de alcoholemia. “Nunha primeira proba cunha taxa 0,39 e na segunda con 0,32. Polo que houbo retirarlle o vehículo nese mesmo instante, e trasladalo por outros medios”, segundo puideron constatar dende o PSdeG de Mondoñedo.

Nova parada de autobús para trasladar aos estudantes a outros centros da Comarca

Dende o PSdeG de Mondoñedo tamén instaron ao Goberno do PP de Mondoñedo, a través doutro rogo, a iniciar un diálogo coa Xunta para que habilite unha nova parada de autobús regular na cidade, co fin de dar servizo ao alumnado mindoniense para que poidan asistir aos centros educativos de toda a Mariña. Nestes intres, a liña regular que da servizo á Mariña realiza a primeira parada con saída en Alfoz, polo tanto reclamamos que ese mesma saída se realice dende Mondoñedo, para que o alumnado tamén poida asistir ás clases nos diferentes centros educativos da Comarca. Recibimos moitas queixas das familias afectadas, xa que actualmente teñen que trasladalos nos seus vehículos particulares.

San Lázaro, Monfadal e Fondoso

No Barrio de San Lázaro pediron que se revise, coa empresa responsable, os ruídos continuos que se emiten desde a nave da Avenida Eladio Lorenzo. E por outra banda, que se atenda a solicitude para cambiar ou modificar o redutor de velocidade daquela estrada, xa que está provocando pequenas inundacións nas vivendas nos días de choiva. E tamén reclaman a limpeza do camiño de Monfadal, e que se adecente os camiños de Fondoso que dan acceso ás fincas.

Devolución dunha subvención de máis de 60.000 euros

No apartado de preguntas interpelaron ao Goberno do PP pola devolución dunha axuda de 60.138,97 euros ao Concello de Mondoñedo concedida por Agader para poñer en marcha o Espazo Cultural Artesanía do Pasatempo e Museo Forxa. O orzamento total do proxecto, que ascendía a 66.821, o 10% restante seria aportado polo Concello. “Esta axuda sumase as moitas subvencións devoltas polo PP que non é capaz de xestionar nin executar”, din dende o PSdeG.

Estradas de Argomoso

Tamén demandaron coñecer a data ten prevista para abrir o ximnasio municipal que estaba ubicado na Casa da Xuventude, e que leva anos paralizado. Interpelaron ao Goberno Municipal sobre os avances do PEPRICH. E por último, preguntaron polo comezo das obras para arranxar as estradas de Argomoso, que se atopan nun lamentable estado, e polas que os veciños e veciñas seguen esperando unha solución urxente.

Exit mobile version