A partir deste xoves, día 5, tamén estarán á venda na propia biblioteca e en distintos locais comerciais do pobo
Viveiro, 4 de decembro de 2024. A Comisión das festas patronais de San Roque, Viveiro en Festas, habilitará durante esta ponte a prata baixa da Biblioteca Pública Municipal para entregar os calendarios que foron reservados en preventa ao longo destes días. Así mesmo, poderán adquirirse novos exemplares, ao prezo de 8 euros.
O horario de atención ao público será desde as 19 a 21 horas o xoves, desde as 11:30 a 13:30 horas e de 17 a 20 horas o venres, e de 11:30 a 13:30 horas o sábado.
Segundo apuntan desde a comisión, “o número de reservas foi moi bo, e agardamos que as vendas físicas superen amplamente os pedidos previos”.
“Estaremos atendendo aos veciños e veciñas no horario sinalado, pero estamos dispostos a amplialo, no caso de que sexa necesario” indican.
Os calendarios estarán á venda en negocios locais
A partir deste xoves, os calendarios tamén se poderán adquirir nun bo número de locais comerciais de Viveiro.
En total, estarán dispoñibles en 18 locais do Centro Comercial Centro histórico de Viveiro, que son: Salón Marta Timiraos, Cocolatte, Irimia Paquetería, Vogue – LV, Muebles Catá, Cobelinha, África Copias, Óptica Rosario, Carlos Fotógrafos, Cerámica Regal Porta Da Vila, Gómez Travieso S.L., César Cocina y Baño, Tejiendo Sueños, Estanco Expendiduria nº6, Luasflor, Peluquería Ángeles Salgueiro, Náutica Beagle e Carnicería Demetrio Louzao.
Ademais, outro negocio no que estarán ao dispor da xente os calendarios para a súa adquisición é a Farmacia Gabriela Rueda Blanco.
A asociación quere “darlle as grazas a todos vos locais colaboradores por vender os calendarios, facilitando o acceso a todos vos veciños e veciñas” e engaden que “calquera outro negocio que se queira ofrecer a vendelos pode contactar con nós a través dás nosas redes sociais, ou correo electrónico comisionviveiroenfestas@gmail.com ou a través do teléfono 614 191 962”.