Lourenzá, 22 de decembro de 2024. Nunha divertida gala conducida polo actor Evaristo González na noite de onte, sábado, foron entregados os premios do VI Certame de teatro de Lourenzá. O grupo Ollomao, de Barreiros, coa obra O traballo de Andrea, foi o gran triunfador da noite, acadando catro dos sete premios que se reparten no certame. Obtiveron o premio Conde Santo á mellor representación, dotado con 750 euros e trofeo; o premio Lourenzo ao mellor actor, para Benito de Condadés; o premio Ana á mellor actriz, para Miriam Bouso; e o premio especial do público.
Os premios ao mellor actor e actriz de reparto foron para Antón de la Fuente e Iria Rey, de O Catre, de As Pontes. E, por último, o premio á mellor posta en escena foi para a obra Heroínas cotiás, de Muiñeiras do Vento, de Ferrol.