Burela, 6 de decembro, 2024. O vindeiro xoves, 12 de decembro, terán lugar os actos de clausura do Centenario da Confraría de Pescadores San Juan Bautista de Burela. Comezarán ás 13:30h na Nave de Redes, para desfrutar dun ronqueo de atún, con sushiman incluido, convertendo o despiece manual nun verdadeiro espectáculo.
Contarase tamén coa presenza do Ministro de Agricultura e Pesca, Luis Planas Puchades e da Alcaldesa de Burela, Carmela López Moreno, entre outras autoridades.
Como todos os actos do Centenario, trátase dun acto aberto e gratuíto para toda a poboación, xente do mar e a toda a veciñanza, non tendo que confirmar asistencia.