En nome da institución provincial, Tomé Roca trasladou as súa máis profundas condolencias á familia e amizades de Rejane, mostrando todo o apoio e solidariedade nun momento tan doloroso. “Desde a Deputación queremos facer chegar o noso agarimo á familia e comprometémonos a continuar traballando sen descanso para erradicar a lacra da violencia machista que tanto dano segue a causar na nosa sociedade,” engadiu.
“Non hai palabras que poidan describir a dor e a indignación que sentimos fronte a actos tan brutais e inxustificables como este,” declarou. Ademais, salientou a importancia de reforzar as políticas de prevención e sensibilización para combater este tipo de violencia, ao tempo que reiterou o compromiso da Deputación de Lugo para avanzar cara a unha sociedade máis xusta, igualitaria e libre de violencias de xénero.