Os populares cren que o BNG nin está nin se lle espera” porque “a pesar de recoñecer que nada cambiou neste mandato, continúa a apoiar ao bipartito de PSOE e Vilalba Aberta”
Os populares afean ao BNG que “todo o que aporte neste máis de ano e medio de mandato sexa unha proposta ideolóxica vinculada, neste caso, ao cambio do escudo de Vilalba” cando “no noso Concello os servizos deixan moito que desexar, hai problemas de iluminación polas noites no casco urbano e caídas nas beirarrúas da rúa da Pravia despois de investir 1M€, as estradas do rural están intransitables en moitos casos porque non se investiu o suficiente, o comercio está desaparecendo sen ningún tipo de impulso dende o Concello e Vilalba tamén continúa sen rematar a RPT (Relación de Postos de Traballo) e o PXOM -cando o señor Renda dixo que ía levar ao pleno do pasado mes de setembro-”.
Os concelleiros do PP cren que o BNG nin está nin se lle espera” porque “a pesar de recoñecer que nada cambiou neste mandato, continúa a apoiar ao bipartito de PSOE e Vilalba Aberta”.