Site icon Crónica3.com A Mariña

O Petisco con “Eu que sei!” gaña o o XVII Concurso de Tapas Cidade de Mondoñedo

Mondoñedo, 13 de decembro, 2024. Este xoves, día 12 de decembro, tivo lugar a entrega de premios do XVII Concurso de Tapas Cidade de Mondoñedo.

O acto, levado a cabo no Salón de Plenos da Casa Consistorial, acolleu a representantes dos establecementos que formaron parte do concurso, así como ás persoas agraciadas cos diversos premios sorteados entre os participantes no mesmo.

O establecemento gañador do concurso de tapas, por votación popular, foi O Petisco coa tapa denominada “Eu que sei!”, en segundo lugar quedou A Taberna de Galiana con “Bocado do Casalón” e, en terceiro lugar Faragullas con “Un Vou e Veño”.

Entre as persoas que viñeron a tapear a Mondoñedo, sorteáronse catro entradas á Cova do Rei Cintolo, tres lotes de viño, unha noite na Suite do Hotel Camiño de Estrelas, así como un lote de viño de O Bodegón a Catedral, unha cea para dúas persoas en O Petisco, unha Pizza en O Porriño e un lote de produtos de O Rincón de Mondoñedo.

Dende a hostalería mindoniense e o Concello queren agradecer a gran acollida que tivo este evento e emprazar a todo o mundo para a vindeira edición que terá lugar a finais do ano 2025.

Exit mobile version