Site icon Crónica3.com A Mariña

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López, xunto á Alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, visitou este sábado a Feira do Capón celebrada na capital chairega, na que 33 produtores de toda a comarca poñen á venda 1.128 pares de capóns

Visitantes de toda Galicia e doutras partes de España acudiron á carpa instalada na Praza da Constitución. López agradeceu o labor do Concello e da Alcaldesa, a participación e o bo facer dos produtores e puxo en valor a alta calidade do produto. “Dende a Deputación de Lugo estamos e estaremos sempre do lado do sector primario e por iso, como non podía ser doutra maneira, colaboramos coa proxección desta cita. Estamos ao carón de todas as persoas que traballan para manter vivo e impulsar o rural”, valorou.

Exit mobile version