Durante a cita, Carlos López asistiu ao ronqueo do atún e á súa preparación, visitou as exposicións dos Patróns Maiores e das mulleres con traballos relacionados co mar e tamén os murais do exterior da confraría. No acto participou o Ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas; a Alcaldesa de Burela e Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Carmela López; e o Presidente da Confraría de Pescadores de Burela, José Basilio Otero, entre outras autoridades.