Mondoñedo foi o primeiro concello galego no que se declarou unha área Rexurbe hai tres anos, e xa deu froitos como a rehabilitación dun edificio convertido en casa de maiores. Ademais, a Xunta traballa na rehabilitación doutros cinco inmobles que adquiriu na zona e que permitirán habilitar sete vivendas tras un investimento aproximado de 1,5 millóns de euros.
![O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou este martes na comisión de seguimento da área Rexurbe de Mondoñedo co alcalde, Manuel Ángel Otero, entre outros](https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2024/12/171224-Rexurbe-Mondonedo-1024x682.jpg)