Xove, 17 de decembro, 2024. A actuación executada permite mellorar o acceso rodado nun tramo do camiño secundario que une o núcleo de San Vicente con Vilela na parroquia da Rigueira, co fin de aumentar a súa seguridade, accesibilidade e durabilidade.
Tratábase dun camiño estreito que non permitía o paso de dous vehículos e mesmo en zonas puntuais dificultaba o paso de vehículos grandes de servizo como repartición de butano, recollida de lixo, bombeiros etc.
A actuación primeiramente consistiu na limpeza e saneado dos bordos, retirando a vexetación, e ancheando e taluzando o vial en aproximadamente 1 metro. Realizáronse canalizacións de auga entubada e cunetas de formigón practicable, o que nos que permitiu lograr unha maior folganza no vial. Posteriormente executouse un asfaltado mediante unha capa de 5 cm de espesor de mestura bituminosa continua en quente AC16 Surf D, para capa de rodadura, incluído a rega previa.
O Orzamento basee de Licitación foi de 77.876,23 €, e tras o proceso de licitación pública o orzamento de adxudicación foi de 73.024,35 euros á empresa Carferlo. S.L.