A recollida será ata o 26 de decembro de 9:00 a 15:00 na OMIX, ubicada na Casa do Concello
O punto de recollida será a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), situada na Casa do Concello, en horario de 9:00 a 15:00 horas. Recollerase o material ata o día 26 de decembro.
“Un ano máis poñemos en marcha esta iniciativa solidaria para axudar á cativada con menos recursos, coa fin de garantir de o Nadal sexa unha época de ledicia para todas as persoas de Viveiro”, sinala a alcaldesa María Loureiro.
A campaña servirá para recolectar xoguetes, puzzles e outros materiais novos ou seminovos coa embalaxe orixinal e doalos a familias desfavorecidas, baixo o lema “ningún neno/a sen xoguetes novos”. Os materiais non deberán estar empaquetados previamente.