Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo anima á veciñanza a revitalizar as súas fincas coa plantación de árbores froiteiras

Cervo, 26 de decembro, 2024.Este xoves abre o prazo para participar no pedido conxunto tramitado pola delegación de Medio Ambiente

O Concello de Cervo anima á veciñanza a participar no pedido conxunto de árbores froiteiras que tramita cada ano a delegación de Medio Ambiente, que dirixe Mali Méndez, “co obxectivo de revitalizar as fincas, para que sexan cada vez máis produtivas”.

Méndez recorda que os impresos estarán a disposición das persoas interesadas ata o 27 de xaneiro no Rexistro do Concello de Cervo e na Casa da Cultura.

Exit mobile version