Haberá chocolatada gratuíta para todos os asistentes
‘Viveiro ante o Berce’, situado como sempre no atrio de Santa María e nas súas inmediacións, vaise inaugurar ás 19:30 horas, coa actuación do coro de CEP Lois Tobío e ofrecendo un chocolate aos asistentes, para o que se instalará unha pequena carpa no espazo entre as rúas Teodoro de Quirós e Pedro Fernández Orol.
A esa mesma hora, ademais, procederase ao tradicional acendido das luces.
A alcaldesa María Loureiro explica “a importancia de acender o alumeado coincidindo coa ponte de decembro, alongando un mes Nadal e favorecendo ao comercio e ao sector servizos”.
“O belén é un referente a nivel galego, e como tal atrae a moitísima xente a Viveiro para velo, creándose un gran ambiente nas nosas rúas e dinamizando a economía local”, engade Loureiro.