Primeiros minutos de xogo con moita posesión, primeiros tiros a porta a partir do minuto 3, a mellor ocasión ata o momento unha falta peligrosísima dende case a frontal da área que envía Adrián Rivera ao pau. Boa acción entre Araya e Malaguti que a lanza por encima da portería no minuto 4. Bloqueo espectacular de Iván Bernard a un disparo de Rikelme ao final do minuto 15 e outra ocasión clara de Alberto no 9 nunha recuperación preto da área e disparo cruzado que se vai rozando o pau. Chega o 1-0 no minuto 9 nunha boa xogada de estratexia nun saque de banda que finaliza Carlos García coándoa entre a defensa do Burela. Tras un par de ataques de 5, saíndo Mika de maneira puntual, por parte do Burela, que non atopan o gol, chega o segundo dos locais no minuto 12, cun moi bo disparo frontal de Alberto Inés que a coa entre as pernas de Michal. Dous minutos despois o Burela recorta distancias cun disparo incrible de R. Ribeira que entra na portería por toda a escuadra, nun saque de esquina de Charly. Ocasión moi clara de Malaguti a dous minutos do descanso que chega a portería contraria e protagoniza un cara a cara con Iván Bernard que despexa o balón do xogador benaventino. Últimos minutos de xogo con posesión para o Burela que busca o empate antes do descanso sen conseguilo.
Na segunda parte ocasión clarísima ao comezo do minuto 2 nun un contra un de Kaluza e Adrián Rivera que a coloca, non chegando Tomás Pescio ao remate e segundos despois Isma case empata o encontro recortando o balón e deixando sentada á defensa zaragozana, tenta picarlla a Iván Bernard pero este logra despexala coas mans. Chega por fin o empate no minuto 26 nun erro nunha saída de balón do Sala 10 que recupera Alberto e bate a Iván Bernard cun tiro axustado ao pau. Continúa o partido moi igualado, aberto, cun Burela que tenta manter o balón. Ocasión clarísima de R. Ribeira que non consegue superar ao cancerveiro do conxunto local tras unha carreira e disparo ao segundo pau pero segundos despois nunha boísima xogada iniciada por Michal que aproveita a vantaxe nunha transición ofensiva e que tras unha bonita combinación remata o capitán chileno, Bernardo Araya, cun disparo frontal desde o bordo da área, adiantando o marcador a favor dos burelenses. Ante un descentrado Salga 10, o Burela continúa apertando pero mantén a defensa férrea. Ocasión clara de Isma ao comezo do minuto 38 nunha transición cun disparo cruzado que se vai fóra. Presiona o Wanapix con xogo de 5 para catro con Richi Felipe de porteiro xogador durante os últimos dous minutos, xerando unha ocasión boísima de empate para o Zaragoza a 29 segundos do final no que o balón baila entre os pés da defensa burelense e Richi Felipe dentro da área visitante e que rematan despexando.
Primeira vitoria fóra de casa para os de David Rial; importantísimos tres puntos que lles permiten manterse no posto 12 da táboa clasificatoria con 10 puntos, a 6 puntos dos postos de descenso. Os Pícaros viaxarán directos dende Zaragoza a Eivissa para disputar o partido da cuarta eliminatoria de Copa do Rey ante o UD Ibiza Gasifred Ciutat D’Eivissa FS en dous días, martes día 10, ás 20.30h. A fin de semana seguinte descansarán para enfrontarse ao Jimbee Cartagena o sábado 21 de decembro ás 20.00h en Vista Alegre, un partido que será retransmitido pola canle pública Teledeporte.
Ficha Técnica Wanapix AD Sala10 2-3 CD Burela FS
Wanapix AD Sala10 (2): Iván Bernard; Alberto Inés, Richi Felipe, Adrián Ribera, Tomás Pescio –cinco inicial-,Nando Torres, Jorge Espín, Míkel Pérez, Juan Rubén Mendive, Nacho Gómez, Carlos García, Adrián Ortego, Saúl Viñals . Entrenador: Jorge Palos.
CD Burela FS (3): M.Kaluza; R. Ribeira, Isma, Charly, Malaguti-quinteto inicial-, Alberto, Araya, Juninho, Mika (P), Pitero. Entrenador: David Rial.
Goles: 1-0, min.9: Carlos García. 2-0, min.12: Alberto Inés. 2-1, min.14: R. Ribeira. 2-2, min.26: Alberto. 2-3, min.34: Araya.
Árbitros: Eder Gómez de Salazar Fernández, David Urdánoz Apezteguía, Tomás Santander Flamarique, Cristina Zaldívar Jiménez.
TA: Nacho Gómez, Adrián Rivera, Mika, Pitero.