Os mariñaos remontan un 2-1 antes do descanso e véñense arriba na segunda parte dominando o resto do partido con solvencia
Arrinca anotando o Burela cun golazo de Pitero no minuto 2, que recibe unha boa paralela de Charly e métea por toda a escuadra. Pero no minuto 6 o Coruxo empata o encontro cun gol tras unha boa transición. Dous minutos despois chega o 2-1 para o Coruxo noutra transición tras perda, pero no 13 volve Pitero nunha gran acción de pivote xirándose na área e marcando a pracer tras asistencia de Juninho. Segundos despois chega o terceiro do Burela e hat-trick de Pitero tras recuperar o balón preto da área rival. Vantaxe mínima tras os 20 primeiros minutos tras remontar o encontro.
Vénse arriba o Burela na segunda parte, anota R. Ribeira o cuarto no minuto 22 cun zapatazo axustado que condena ao cérbero local e chega o 2-5 no 26 cun gol de Araya coa zurda tras unha gran xogada combinativa do conxunto mariñán. Remata o festival de goles co 3-6 nunha xogada de estratexia do conxunto vigués.
Contento coa vitoria o técnico santiagués, David Rial, “O noso obxectivo non é outro que gañar a competición, era importante pasar este primeiro partido e se hai que vivir estas situacións de empezar perdendo tamén é bo vivilas e remontalas”.
Este próximo sábado 21 o equipo burelense enfrontarase ao vixente campión de liga, o Jimbee Cartagena Costa Cálida, ás 20.00h en Vista Alegre. Partido que será retransmitido pola canle pública Teledeporte.
Ficha Técnica IES Coruxo FS 3-6 CD Burela FS
IES Coruxo FS (3): Joel Sanervas; Alejandro Fernández, Enrique Gómez, Alexis Rodríguez, Javier Fernández –cinco inicial-, Pablo Calvo, Daniel Cervelo, Daniel Lorenzo, Martín Puime, Jorge Bigotes, Adán Álvarez. Entrenador: Lucas Fernández Álvarez.
CD Burela FS (3): Mika; Pitero, R.Ribeira, Isma, Charly -quinteto inicial-, Araya, Quelle, Alberto, Juninho, Malaguti. Entrenador: David Rial.
Goles: 0-1, min.2: Pitero. 1-1, min.6: Pablo Calvo. 1-2, min.8: Alejandro Fernández. 2-2, min.13: Pitero. 2-3, min.14: Pitero. 2-4, min.22: R. Ribeira. 2-5, min.26: Araya. 2-6, min.28: Isma. 3-6, min.28: Javier Fernández.
Árbitros: Olivier Cardero Rodríguez, Jorge Otero Mira, María López López.
TA: Alexis Rodríguez, Martín Puime, Jorge Quelle, Malaguti.