Os mariñanos caen en Ibiza na 4ª eliminatoria da Copa do Rei, nun encontro no que lles faltou competitividade
Burela, 10 de decembro, 2024. O conxunto masculino do CD Burela FS enfrontouse ás 20.30h desta trade ao VDE Eivissa Gasifred Ciutat D’Eivissa no encontro da 4ª eliminatoria de Copa da S.M. O Rei, cun resultado final 6-3.
Primeira parte cun Burela que empeza ben pero despístase rápido encaixando un gol no minuto 2, Faly anota o primeiro tanto nun erro defensivo dos mariñáns que perden o balón en propia cancha. Catro minutos despois R.Ribeira logra empatar o partido nunha xogada de pizarra na que Charly saca de banda e o á brasileiro remata desde o segundo pau. Cando parecía que o Burela podía remontar, chega o 2-1 nun erro defensivo dos visitantes que aproveita Iker Fernández desde a área e un minuto despois Gastaldi anota o terceiro nun lanzamento longo que supera a Mika. A uns segundos do descanso o conxunto local anota o cuarto, un golazo de Faly nun lanzamento directo de falta.
Parece que sae con máis forza o Burela na segunda parte, sucédense as ocasións de gol nos primeiros minutos de xogo, nos que Pitero anota o segundo dos visitantes nunha boa combinación con R. Ribeira. Falta perigosa para o Burela no minuto 26 que defende ben o Ibiza reaccionando cun bo contraataque que se vai fóra rozando o pau. Bo bloqueo de Mika no minuto 31 nun disparo directo de falta dende os 10m que despexa o porteiro brasileiro coas mans. Roza o pau un disparo cruzado de Rikelme no minuto 32 e chega o 5-2, hat-trick de Faly que remata dende o segundo pau un pase de Iker Fernández nunha boa transición. Decide apostar David Rial polo xogo de 4 para 5 no a 3 minutos do final con Isma de porteiro-xogador, non sen antes probar con varias saídas de porteiro con Mika. Nunha recuperación de Buitre, en plena presión do Burela, fai un disparo longo e anota a portería baleira o sexto. A un minuto do final do partido, Charly consegue o terceiro recuperándoa en cancha rival, preto da área, e fulminando a portería cun bonito disparo frontal.
Remata a competición de Copa do Rei para o conxunto mariñán e só queda loitar pola permanencia en Primeira División para a próxima tempada, tarefa que de momento están cumprindo ben os nosos Pícaros que veñen de puntuar en Zaragoza por primeira vez fóra de casa hai dous días, cansazo que tamén se notou neste partido.
Ficha Técnica UD Ibiza Gasifred Ciutat D’Eivissa FS 6-3 CD Burela FS
UD Ibiza Gasifred Ciutat D’Eivissa FS (6): Álvaro; Faly, Iker FV, Miguel León, Oussama –cinco inicial-, Gastaldi, Vicent Valdés, Charly, Buitre, Caruso, Barbero, Martín Fraile. Entrenador: Jose Fernández Cortina.
CD Burela FS (3): Mika; Quelle, Pitero, Juninho, Alberto -quinteto inicial-, Araya, R. Ribeira, Isma (C), Charly, Malaguti. Entrenador: David Rial.
Goles: 1-0, min.2: Faly. 1-1, min.6: R. Ribeira. 2-1, min.10: Iker FV. 3-1, min.11: Gastaldi. 4-1, min.20: Faly. 4-2, min.21: Pitero. 5-2, min.32: Faly. 6-2, min.38: Buitre. 6-3, min.39: Charly.
Árbitros: Pablo Delgado Sastre, Antonio Navarro Liza, Juan Alberto Duaso Ortiz.
TA: Martín Fraile, Oussama, Quelle.