Madrid, 9 de decembro de 2024. Co obxectivo de manter os postos de traballo na comarca da Mariña e ante os incumprimentos do acordo por parte da empresa, Néstor Rego urxirá o executivo a actuar conxuntamente co Xunta de Galiza
“O Goberno do Estado xa ten levado a cabo intervencións noutras empresas como Telefónica ou Celsa Atlantic. En Alcoa tamén debe garantir a continuidade do emprego no complexo industrial en San Cibrao e iso pasa pola intervención pública” di Rego
O deputado nacionalista lembra que existen iniciativas do BNG aprobadas na Comisión de Industria instando o Goberno a que para garantir a continuidade da actividade e o mantemento dos postos de traballo a SEPI adquira Alcoa e busque un operador fiábel que presente un proxecto solvente e de futuro para San Cibrao