Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG apoia ao comercio local vilalbés coa campaña “Mellor Local, Mellor Galego”

Olalla Rodil, viceportavoz do BNG no Parlamento Galego, presentou a campaña xunto co concelleiro de Vilalba, Tino Alvite, e militantes da localidade

Lugo, 23 de decembro 2024.O BNG presentou a campaña “Mellor Local, Mellor Galego” coa que se anima a consumir produtos galegos e no comercio de proximidade durante estas datas festivas, mais tamén no resto do ano. O BNG lanza todos os anos esta campaña de promoción “nas datas previas ao Nadal, cando damos a coñecer as propostas que deseñamos para apoiar e incentivar a compra do produto local feito en Galiza”, explicou Olalla Rodil.

A viceportavoz do BNG no Paramento Galego presentou esta campaña xunto co concelleiro en Vilalba Tino Alvite, e militantes de Vilalba. O BNG quere poñer en valor con esta campaña “a importancia do comercio tradicional, comercio do que podemos desfrutar en Vilalba cunha parte do mellor da nosa terra, os seus produtos, onde son garantía de calidade e ademais o valor engadido da proximidade de onde se xeran”, explicou Rodil.

O BNG chama á veciñanza a apostar por un consumo responsábel, que dinamice a economía local e ademais sexa respectuoso co medio ambiente. Por isto, o BNG aposta por incentivar a compra de produtores locais e galegos, a recuperación dos mercados municipais e tradicionais, a promoción alternativa e ecolóxica ou a promoción de axudas para implantar ou mellorar establecementos que comercialicen produtos autóctonos.

Exit mobile version