Pablo Vizoso declarou: “Asistimos con preocupación aos distintos anuncios en prensa por parte do alcalde do proxecto de reforma para o campo de San Francisco. De momento, por parte do alcalde só atopamos ocultación ou declaracións vagas á prensa. Despois das actuacións sobre as zonas verdes nas últimas semanas, o noso medo aumenta con respecto ao que esta reforma pode supoñer sobre as árbores centenarias dun dos lugares máis emblemáticos de Ribadeo. As talas non teñen volta atrás e cando se produce o dano xa é irreparable, acabamos de velo na praza Pancho Maseda e no colexio Gregorio Sanz. Inda estamos a tempo de parar esta fuxida cara adiante. Comezaremos por esta solicitude de información e trasladaremos o contido da documentación e o estado do proxecto á cidadanía.”