Ribadeo, 30 de decembro de 2024. O alcalde, Dani Vega, fai un balance positivo do 2024, un ano “cheo de traballo e cheo de xestión”. A mellora do abastecemento de auga, que suporá un investimento de 8,5 millóns de euros, será o grande obxectivo do equipo de goberno para os vindeiros meses.
O rexedor declarou que “remata o ano 2024 cheo de traballo e cheo de xestión para que Ribadeo avance. En materia de infraestruturas 685.000 euros, destacar que se investiu tanto no interior como na costa. Imos seguir traballando nesa liña de busca de orzamento para seguir investindo nas nosas vías de comunicación, na limpeza e conservación de todas as pistas de terra, as pistas de concentración, tamén na recuperación do patrimonio, por exemplo nas fontes, e tamén na mellora dos espazos que hai nas parroquias, onde moitas persoas se sentan a falar, a estar un rato xuntos, son espazos onde hai bancos. Tamén recuperamos as marquesiñas, tanto o pavimento como a propia marquesiña, os contedores, nese espazo onde están colocados e ubicados con cemento e rematados todos con pedra”.
Vega relatou que “traballamos tamén na recuperación dos espazos verdes, tanto no Cargadoiro como na Vilavella, onde hai unha conservación e un mantemento, e no Cargadoiro o que se fixo foi unha inversión da mellora de todo o espazo. Tamén nas praias, en Esteiro, Castros, Illas, As Catedrais. Tamén na mellora dos edificios, por exemplo na Escola de Música coa colocación dun ascensor, eliminando as barreiras arquitectónicas e así seguir avanzando para que os edificios municipais teñan todos unha boa accesibilidade ou tamén colocando novas ventás e así vamos seguir. Na Escola de Música foron 80.000 euros, máis 9.000 en equipamento para todo o alumnado. Ou no centro de día, na escola de infantil, na residencia hospital asilo, na que se avanza a moi bo ritmo. Certificamos 800.000 euros e así vamos seguir traballando nos próximos meses e xestionando orzamento. Nestes momentos a Xunta de Galicia aportou 700.000 euros e agora xa estamos traballando no equipamento”.
O alcalde contou que “actuamos na praza Pancho Maseda coa eliminación das barreiras arquitectónicas, novo alumeado, arranxo do pavimento e tamén no parque de San Miguel, onde se aportou equipamento para nenos e agora vamos arranxar o peche perimetral. Tamén no Forte de San Damián, nos aparcadoiros áxiles, falo dos aparcadoiros das farmacias. Eu creo que é un adianto, poucos concellos teñen estes aparcamentos, a nosoutros pareceunos interesante e vamos seguir traballando xa con aparcamentos, por exemplo, como o que se vai facer en Rafael Fernández Cardoso”.
Dani Vega indicou que “traballamos na organización de actividades en Ribadeo. Eu creo que para que Ribadeo teña un comercio activo, unha economía viva, hai que facer actividades, non so nun tempo determinado senón durante todo o ano. Por iso quixemos facer actividade constante e tamén seguir colaborando coa Xunta de Galicia para seguir tendo moitas actividades sociais: o proxecto Preto de Ti, o que quere é chegar a todas as parroquias, a todos os puntos, con actividades. Hai que salientar un dato importante: nas actividades de Preto de Ti había 80 persoas, neste momento hai 190. É un dato moi importante, onde se fan moitas máis actividades e tamén máis áxiles durante todo o ano, non só nas parroquias senón tamén na vila. Ademais o centro social converteuse nun centro de moitas actividades para moitas persoas. A recuperación dos bailes dos domingos, con eses Pasos de Sabiduría, tamén nos parece moi importante. Contamos con actividade lúdica, actividade de animación económica, impulso económico a Ribadeo, eu creo que foi fundamental durante este 2024”.
O rexedor dixo que “na mellora das infraestruturas, na mellora das prazas, na mellora dos edificios, en definitiva houbo unha moi boa xestión. Queda moito por facer? a resposta é que sí, por iso vamos seguir investindo nas rúas, nos edificios deportivos, tamén no auditorio, no proxecto para recuperar e mellorar a praza de abastos, eu creo que queda moito por facer. Entre todos, seguramente, que o vamos poder facer. Entre todas as administracións, por iso o digo con moita claridade, se temos a colaboración de todas as administracións, Ribadeo seguirá avanzando. E a obra máis importante, que dende noso punto de vista, é clave para que Ribadeo avance no próximos anos é o abastecemento da auga. Con ese proxecto de 8,5 millóns de euros, creo que vamos ter moi boas noticias nos próximos días. Creo que a Xunta vai aportar moito orzamento nesta obra clave e fundamental para que Ribadeo non teña ningún problema de auga e iso é traballar non só para os próximos días, os próximos anos, é traballar para un Ribadeo a largo ou a moi largo prazo”.
E engadiu: “o que se fixo e o que queda por facer facémolo entre todos. Remato felicitando o 2025 a todos os veciños e veciñas de Ribadeo, un pobo que segue avanzando porque entre todos o facemos posible”.