Ribadeo, 2 de decembro de 2024. O 30 de decembro ás 12:00 horas terá lugar en Ribadeo a II Marcha Interxeracional San Silvestre Máis metros máis posibilidades, que organizan o Centro de Día A Corcordia e o Concello.
O edil de Deportes, Francisco José Silvent, explica que “o percorrido desenvolverase entre a rúa Dionisio Gamallo Fierros e a Praza de España. Son 150 metros. Esta actividade está pensada para persoas de todas as idades. O obxectivo é apostar porque a accesibilidade estea presente na nosa vida cotiá”.
O prazo de inscrición para participar nesta marcha está aberto desde hoxe ata o 16 de decembro. Pode facer no Centro de Día A Concordia de xeito presencial ou chamando aos teléfonos 982 120 407 ou 638 295 573.
No acto de presentación, que tivo lugar no Centro de Día A Concordia, participaron a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, e o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, que animaron á cidadanía de Ribadeo a sumarse a esta II Marcha Interxeracional San Silvestre.