Fernández afirma que agarda que “o arranxo desta vía” sexa unha realidade en poucos meses e que non se preocupen só de renovar o asfalto xa que aumentar o seu ancho “é fundamental para garantir a seguridade”
José María Fernández recorda que nesta estrada “hai moitos puntos nos que é case imposible que se crucen dous vehículos” polo que agarda que “ademais da renovación do firme realicen o aumento do seu ancho para garantir a seguridade na circulación”.
José María Fernández explica que para defender o arranxo desta estrada provincial defendeu, no pleno de setembro de 2024, un rogo instando ao goberno provincial a renovar o firme e aumentar o seu ancho.
A realidade é que esta vía é empregada por moitos veciños de Trabada xa que une Trabadela con Sante e a Ría, ademais de contar cunha gran circulación de maquinaria agrícola e camións que transportan madeira.