Site icon Crónica3.com A Mariña

Reaberta a circulación na A-8 á altura de Abadín tralo envorco dun camión que transportaba vacas

Abadín, 16 Decembro, 2024. Os servizos de emerxencias traballaron para a retirada do vehículo, que envorcou no quilómetro 555 en sentido Santiago e quedou atravesado na calzada. A persoa que viaxaba como acompañante precisou asistencia sanitaria.

Pouco despois das 4:30 horas desta madrugada, un particular alertou deste accidente rexistrado na parroquia de Quende. No momento do aviso, os implicados saían da cabina polos seus propios medios. O condutor do camión tamén contactou co 112 Galicia para solicitar asistencia sanitaria para o seu acompañante.

A autovía permaneceu cortada en sentido Santiago.

No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada.

Exit mobile version