Gueimunde recorda aos edís de Por Viveiro que “son cómplices e culpables da parálise que hoxe sofre Viveiro” xa que foron eles “os que decidiron co seu voto cambiar o que democraticamente decidiron todos os veciños: ter unha alcaldesa do Partido Popular”
Viveiro, 7 de decembro de 2024. A portavoz do PP de Viveiro, Mariña Gueimunde, replica aos representantes de Por Viveiro que “foron os veciños de Viveiro os que falaron o ano pasado nas furnas, dixeron claramente que queren un goberno do PP á fronte do Concello que non é unha realidade porque foron os concelleiros de Por Viveiro os que decidiron que non”.
Mariña Gueimunde é rotunda: “non estamos no patio do colexio, a política é algo moi serio e non se pode empregar como un xoguete e dicir que hoxe quere esta alcaldesa a mañá outra”.
A portavoz popular recorda que a elección dos representantes municipais é un proceso regrado por lei polo que “se os representantes de Por Viveiro non están de acordo co actual goberno local o que teñen que facer é apoiar unha moción de censura que xa lle plantexou o PP”.
A realidade é que os representantes de Por Viveiro “son cómplices, culpables e responsables da parálise que sofre o municipio xa que cando se elixiu á alcaldesa eles decidiron apoiar directamente á candidatura socialista, renunciando a presentarse como opción de goberno”.
Ademais, Mariña Gueimunde pide a Por Viveiro “valentía e que sexan claros” xa que o que non se atreven a dicir “é que o que se agocha no seu anuncio é que queren a alcaldía a pesar de ser a forza minoritaria da corporación”.