A portavoz do PP pregúntalle á alcaldesa que fai pola xuventude á vista das críticas polos horarios de apertura da Casa da Xuventude polo Nadal
Gueimunde lembra que a señora Loureiro non ten os pavillóns abertos fóra do horario lectivo e que tampouco se favorece a posta a disposición dos campos de fútbol nos horarios nos que os mozos e mozas teñen momentos para o esparexemento e o deporte.
Así, afea que “non favoreza o acceso dos mozos e mozas a instalacións municipais, pero si quere que o resto si que o faga aínda que sexa a custe dos horarios dos propios monitores”.
Tamén se queixaba a alcaldesa que non se podía empregar a pista, pero “quero recordarlle que foi o Concello o que promoveu no ano 2006 unha modificación puntual do PEPRI pola que se prohibía calquera construción ou modificación que se fixera nese inmoble da Casa da Xuventude. Así, trala retirada do enreixado, non se pode reinstalar unha nova estrutura que protexa o ábside e evite a saída de balóns.
“Foi o propio Concello o que promoveu a retirada da verja, pero a alcaldesa segue botando a culpa á Xunta de Galicia”. E, daquela gobernaba o bipartito PSOE-BNG polo que “aínda que a culpa fora da Xunta, neste caso, non sería do Partido Popular”, conclúe.