Cajoto engade: “tiñamos que superar esta parálise administrativa e agora o BNG ten a oportunidade de levar adiante a xestión que consideren, co compromiso do PSdeG-PSOE de que o único límite estará na legalidade: imos facilitar en todo momento a aprobación dos expedientes conforme ao modelo que plantexen. Hai que poñerse a traballar desde xa, a concelleira Zoraida Coira ten á súa disposición todos os expedientes e as portas dos despachos de Ana Rojo e o meu abertas para todo o que precise”.
O alcalde manifesta tamén: “a pesar das informacións contraditorias do BNG dos últimos días, estamos satisfeitos da rectificación e que a concelleira Zoraida Coira asuma as competencias que ten delegadas. O BNG incumpriu o pacto de goberno, non respectando as decisións e a independencia das áreas. En calquera caso creo que é a nosa obriga superar as disensións e pensar que Foz precisa un goberno progresista que supere os moitos retos que ten. Non lle pedimos nada ao BNG en contrapartida por esta cesión, só que a partir de agora sexa leal ao acordo, vixente para toda a lexislatura. Tampouco imos renegociar en ningún caso uns termos que están asinados e en vigor”.
Fran Cajoto explica ademais que “o PSOE de Foz tratou de forma insistente que o Consorcio asumira a Residencia de Foz -da súa propiedade e competencia- pero a Consellería de Política Social bloqueouno. O BNG cambiou de postura 180 graos durante a licitación da concesión, votando en contra no último paso, a adxudicación definitiva do contrato á empresa proposta pola mesa de contratación. Quédanos por ver se o Partido Popular vai a colaborar co BNG e o goberno na definición do modelo de xestión da residencia, que parece comparten cos nacionalistas. O que nos demostraron sempre é que adoptan unha postura ou outra segundo quen estea ao cargo en cada momento, non en función do que sexa bo para os veciños. Este é o nivel, ínfimo, ao que nos teñen acostumados”.