Este xoves tivo lugar ás portas do Pazo de Ibáñez, en Ribadeo, unha concentración na que se gardou un minuto de silencio en repulsa polo asasinato machista ocorrido nas últimas horas en Viveiro
redac
Ao acto asistiron traballadoras e traballadores municipais, veciñas e veciños de Ribadeo, así como representantes de Acisa e da Corporación Municipal ribadense co alcalde, Dani Vega, e coa concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo á cabeza.