A celebración consistiu na interpretación de varias panxoliñas por parte das voces e dos violíns da Orquestra Municipal de Música de Xove, na praza do Concello, fronte á gran árbore. Os músicos estiveron dirixidos por Xulia Nogueria, mestra da Escola Municipal de Música de Xove. Así mesmo, tamén quedou aberto ó público o Belén Xigante localizado no parque do Concello.