Site icon Crónica3.com A Mariña

Este xoves seguiu no IES Marqués de Sargadelos, en San Cibrao, o ciclo de charlas da FCAM sobre o futuro laboral na Mariña

Ribadeo, 19 de decembro de 2024. Hoxe seguiu no IES Marqués de Sargadelos, en San Cibrao, o ciclo de charlas da FCAM sobre o futuro laboral na Mariña lucense. Están destinadas aos estudantes de FP aos que lles queren insistir en que “aquí hai futuro, que hai moita demanda de man de obra por parte das empresas, e que tamén nesta comarca é posible emprender”.

Alumnado do ciclo superior de química industrial, do ciclo medio de cultivos acuícolas e do ciclo básico de informática de oficina asistiron no IES Marqués de Sargadelos á charla na que participaron Beatriz Irigoyen, de Mariña Asesores; Raquel Hermida, de Academia A Mariña; e Carmen Cruzado, presidenta da FCAM.

Irigoyen contoulles que apostou pola Mariña para asentarse “para ter calidade de vida e polas oportunidades empresariais e as necesidades do sector”. Hermida recomendoulles que sigan formándose cando rematen os seus estudios ou cando se incorporen ao mercado laboral, “porque la formación es crecimiento”. E Cruzado subliñou tamén que “a calidade e o nivel de vida da Mariña non é comparable ao de grandes ou medianas cidades”. As tres incidiron en que na comarca da Mariña hai empregos moi dignos e que aquí tamén é posible seguir emprendendo.

A presidenta da FCAM agradeceu a posibilidade de falar no IES Marqués de Sargadelos sobre o futuro laboral na Mariña lucense: “grazas a Martín Ansede, docente deste centro e á dirección do IES, por permitirnos achegarnos aos estudantes a contarlles a realidade que nos fan chegar as empresas ás que representamos; e tamén a Beatriz Trigo, dinamizadora da relación con empresas na FP, por acompañarnos unha xornada máis nesta andaina que arrincou o pasado mes de novembro en Ribadeo”.

O ciclo sobre o futuro laboral na Mariña lucense seguirá ao longo do presente curso 2024/2025 por outros centros e localidades da comarca.

Exit mobile version