Foz, 5 de decembro de 2024. Os días 6 e 7 de decembro en Foz terán lugar as xornadas gastronómicas das tostas, que organiza AciaFozCCA.
Na cita participan 8 locais hostaleiros: Augas Santas, Cafetería Anduriña, Los Dulces de Delphine, Marexada, Mexideli, O Muelle Bar, O Tangarte e Xoyma.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, sinala que “organizamos esta cita gastronómica para ofrecer unha alternativa na ponte da Constitución tanto ás veciñas e aos veciños de Foz como aos visitantes que se achegarán estes días ao noso pobo”.
E indica que “a nosa hostalería sorprenderanos coas súas creacións nesta ponte da Constitución en Foz, que será tamén un bo momento para pasear polas nosas rúas, xa vestidas de Nadal, e para mercar no comercio local”.
As xornadas gastronómicas das tostas están organizadas por AciaFozCCA, e contan coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.