A Pontenova, 11 de decembro de 2024. A Asociación Eco das Minas da Pontenova ultima os preparativos para unha nova edición do Festival das Minas que celebran este sábado – 14 de decembro – coa colaboración da área de Mocidade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, e que este ano presenta un formato renovado, con actividades dirixidas a público infantil e familiar durante o día e con novas dinámicas para a inclusión das persoas xordas con intérpretes de lingua de signos e mochilas vibratorias ao dispor do público.
A deputada Iria Castro, que se achegou esta tarde á Pontenova, valorou “a aposta do colectivo organizador por avanzar na inclusividade das propostas musicais e lúdicas do programa” e subliñou que “para a Vicepresidencia da Deputación de Lugo é unha prioridade dar apoio ás iniciativas que parten do tecido asociativo, porque entendemos que a fortaleza do asociacionismo é fundamental para o dinamismo cultural e social”
A xornada comeza ás 12.00 cunha andaina guiada e gratuíta pola Ruta das Minas, que concentra Pola tarde, o programa diríxise ao público infantil coa presenza de Os Bolehas e uncontacontos inclusivo con DI e Amorodos. Ás 19.00 horas, toma protagonismo a música cun pasarrúas do Grupo Tambukda que tamén animará a degustación gratuíta de callos na carpa da asociación -ás 20.00 horas-. As propostas estrela da xornada son o show “Aquí tou” de Xosé Antonio Touriñán -ás 22.30 horas- e a actuación do grupo Gin Toni´s (00.00 horas).