Site icon Crónica3.com A Mariña

Este mércores 18, a partir das 12:30, terá lugar o acto de presentación do Estudo para a Viabilidade da Introdución de Novas Tecnoloxías no Sector da Coitelería de Taramundi, na Casa de Cultura

Neste evento participarán o Director da Axencia SEKUENS (antigo IDEPA), David González, o Alcalde de Taramundi, César Villabrille e o equipo de enxeñeiros responsables do proxecto. Abordarase desde unha perspectiva científica os problemas que afronta o sector da coitelería.

Exit mobile version