Esta fin de semana no Mercado de Nadal en Cervo entregáronse os premios do certame de postais promovido polo Concello. Os traballos que resultaron gañadores foron os de: Daniel Basanta (5 anos). Daniela Ben (6 anos). Xela Fernández (11 anos). Aroa Otero (6 anos), Elixida para as felicitacións de Nadal do Concello de Cervo. Cada un dos 39 participantes recibiu un agasalllo da man da alcaldesa, Dolores García Caramés, que lles quixo agradecer a todos/as a súa participación deste xeito.