Site icon Crónica3.com A Mariña

En macha o novo obradoiro de emprego de xardinería, Sendas de Burela, Cervo e Xove XI

Cervo, 2 de decembro, 2024. Este luns foi o primeiro día para o alumnado que ten agora por diante 12 meses para formarse, e tamén para deixar a súa pegada en diferentes espazos públicos e zonas verdes do noso Concello.

A alcaldesa Dolores García Caramés deulle a benvida a todo o alumnado, tamén aos monitores e corpo directivo que os acompañarán neste tempo, e animounos a aproveitar ao máximo a oportunidade que lles permitirá formarse nun sector co que ampliarán as súas perspectivas laborais.

Tamén quixo destacar a importancia da colaboración institucional, e en especial da Xunta de Galicia, cuxo apoio é fundamental para poder promover estes talleres que ofrecen formación dual a persoas que estaban desempregadas nos nosos Concellos.

Exit mobile version