Dúas persoas foron liberadas polos bombeiros logo de sufrir unha saída de vía nas Pontes
redac
Só unha delas foi trasladada. O accidente ocorreu arredor das 22:30 horas da noite de onte. O particular que contactou co 112 Galicia indicou que tivera lugar un accidente no quilómetro 25 da AC-564, con dúas persoas atrapadas. O suceso ocorreu ao tratar de esquivar un xabaril. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Eume, á Policía Local, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil das Pontes. A dotación de bombeiros axudou a saír do vehículo ás persoas atrapadas. Unha delas precisou do uso do material de excarceración para ser liberada e, posteriormente, ser trasladada polo persoal sanitario.