Ribadeo, 3 de decembro de 2024. Deron comezo as obras de mellora da estrada da costa, que suporán un investimento de 370.000 euros.
O alcalde, Dani Vega, contou que “comezaron as obras de mellora da estrada da costa, 370.000 euros é a inversión. A Deputación, a través do Plan Único, que nos aporta un orzamento para certas cuestións de competencia municipal, unha delas para o arranxo de estradas municipais, eses 370.000 euros son fundamentais e ben recibidos. Polo tanto, gracias a Deputación e a esta colaboración que estamos tendo, tamén desde o Concello con eles, para seguir investindo”.
Para o rexedor “investir na estrada da costa foi un acerto. Sabemos todos os veciños, no estado no que estaba, que era lamentable, era un bache continuo. E polo tanto decidimos investir para mellorar unha infraestrutura dende a depuradora ata Rinlo. Seguramente que pasamos algo máis que Rinlo, vai haber unha mellora en toda esta infraestrutura, cinco metros de ancho, polo tanto vamos cumprir todos os parámetros de seguridade tamén e creo que vai ser unha mellora significativa”.
Vega indicou: “trátase dunha estrada que vertebra todo o noso concello, que une as parroquias e tamén nos comunica co veciño concello de Barreiros. É unha estrada que tamén ten un alto tráfico, polo que creo que non podíamos ter unha das infraestruturas máis importantes, máis visitada nestas condicións, xa que está por toda a nosa costa, hai moito tráfico turístico e polo tanto debemos ter todo ben arranxado, tanto para veciños como para visitantes”.
O alcalde subliñou: “unha boa obra, unha boa nova para Ribadeo, estes 370.000 euros que van a significar unha mellora de toda a estrada da costa, que falta lle facía”.