O deputado popular mariñán cre que “á vista de que os proxectos aínda están en fase de redacción, as obras tampouco comezarán na primeira metade do 2025”
A Mariña, 2 de decembro de 2024. O Goberno de Sánchez confirma en resposta oficial por escrito a unha pregunta dos deputados do PP lucense no Congreso – Jaime De Olano, Francisco Conde e Cristina Abades- que “a autovía A-74 ten todos os proxectos en redacción” ou, o que é o mesmo, “non avanzou nada neste 2024”.
O deputado mariñán, Jaime De Olano, entende que “o Goberno de Sánchez desmente a Besteiro, o secretario do PSdeG-PSOE, que comprometía o inicio das obras da autovía da Mariña para o 2024”.
Á vista de que a finais deste ano se atopan os proxectos aínda en fase de redacción, “todo indica que as obras tampouco comezarán na primeira metade do 2025”, segundo o popular.
De Olano explica que os Presupostos Xerais do Estado (PGE) do ano 2023 -e prorrogados para o 2024- “supuxeron un recorte en cascada na dotación orzamentaria para impulsar o procedemento de execución segundo a previsión do anterior Goberno do Partido Popular”.
Os Gobernos de Sánchez “paralizaron” o avance desta autovía fundamental para conectar A Mariña occidental a través dunha vía de alta capacidade como alternativa á N-642. “Nestes seis anos non executaron o previsto polo Goberno de Rajoy nin as cantidades ínfimas que o propio Goberno de Sánchez reflectiu nos PGE elaborados por Sánchez -tres neste período-.
FALTA DE COMPROMISO COA PROVINCIA E DE PESO DO BNG E PSDEG
De Olano considera que “este é un exemplo da falta de compromiso do Goberno de Sánchez coa provincia” que, de feito, “está totalmente abandonada en moitos aspectos como, por exemplo, en materia de infraestruturas da comunicación que sufrimos todos e todas as lucenses”.
Isto demostra, claramente, “o pouco que lle importamos ao Goberno do PSOE e dos seus socios e cómplices necesarios como é o caso do BNG”. E tamén “a falta de peso político tanto do BNG como do PSOE lucense e galego en Madrid; un PSdeG que, incluso, perdeu forza na nova executiva federal do PSOE deseñada por Sánchez, quedando reducida a súa presenza a un membro do PSdeG, á altura de Ceuta ou Melilla”.