O deputado valorou a labor da asociación na atención a persoas usuarias de toda a comarca
Cervo, 18 de decembro de 2024. O deputado Daniel García participou esta mañá na presentación da revista Agarimo editada por Saúde Mental A Mariña, nun acto que reuniu a persoas usuarias, familiares e persoal da entidade no seu centro de Cervo.
Na súa intervención, o deputado agradeceu “ a labor realizado pola entidade na atención e no acompañamento ás persoas con enfermidades mentais e as súas familias en toda a Mariña, cunha gran compromiso e implicación persoal e un método de traballo que é referente en toda Galicia” e destacou, en relación coa publicación, “a importancia da actividade creativa e cultural como instrumento para o benestar e a vida das persoas e para a cohesión social e a convivencia”.
A revista Agarimo, editada anualmente coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, inclúe textos informativos e creativos elaborados polas persoas usuarias da entidade, así como fotografías que resumen a actividade desenvolvida ao longo do ano.
O grupo de teatro Saúde Mental A Mariña forma parte do circuíto de teatro afeccionado impulsado pola área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, co que este ano representou a obra “Eres único: teatro contra o bulllying”.