A serie de veladas musicais continúa cun novo encontro o sábado 21 de decembro a partir das 22 horas, no centro social Xebra, na rúa Leandro Cucurny 19, Burela
Burela, 16 de decembro, 2024. O centro social Xebra, en Burela, aproveita o inicio da época natalicia para celebrar a terceira cita dos seus ‘Sábados elecctrónicos’. A iniciativa da asociación xa comezara en marzo e pretende brindar semestralmente sesións electrónicas con DJs de primeiro nivel na escena galega e estatal. Esta segunda edición será o sábado 21 de decembro, a partir das 22 horas, con entrada a 6 euros para persoas socias (8 euros para non socias).
Os artistas convidados serán Colectivo Musical Autónomo (C.A.M.) e Zero_One. O primeiro é o proxecto musical de José Manuel Sálamo, artista natural de Chantada e histórico da música de vangarda e experimental galega. O DJ, que xa ten participado en exposicións e intervencións artísticas como a célebre Lost In Sound (CGAC, 1999-2000) aterra em Burela cunha proposta ambiental e minimalista coa que xa xirou por festivais como o Tesla de León ou as propias KittinParties, colectivo do que forma parte do núcleo formador.
A outra cabeza que completa o cartaz é Zero_One, axitador da escea cultural do Porto. O creador portugués aterra no antigo bar da Figueira para presentar un directo con sintetizadores e caixas de ritmos. Improvisación, curiosidade, beats firmes e afiados serven como base para un son ácido que non deixará indiferente a ninguén. O artista, ademais, chega con arquitecta e artista Batel, que ofrecerá un show audiovisual para acompañar a música.
Organización e artistas animan o público a asistir e prometen un encontro que incitará á diversión e que estimula –desde a alegría e a música– a festa e a emoción do Nadal.